Novas

Amosando 1 - 10 de 29
19 Mai 2026

A longametraxe proxéctase mañá na Sala Debussy do Palais, no marco da sección ‘Un Certain Regard’ do prestixioso certame francés, e será a protagonista dun evento específico con axentes do sector.
O proxecto, no que participan cinco países, acadou unha axuda en 2022 para o seu desenvolvemento por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Con dirección da cineasta grega Konstantina Kotzamani, a rodaxe tivo lugar no Xapón co acompañamento da produtora galega durante todo o proceso.

07 Mai 2026

Sinalou que o certame, que se celebra do 19 ao 23 de maio na aldea porriñesa, inclúese nas axudas autonómicas a eventos audiovisuais de carácter profesional.
Destacou a solidez do sector audiovisual e o potencial de Galicia para atraer rodaxes.
A programación recoñece e reúne voces destacadas do audiovisual galego como Jaione Camborda, Víctor Coyote, Bea Lema, Guillermo de Oliveira, Virginia Curiá, Diana Toucedo, Fon Cortizo, Hugo Amoedo ou Andrea Zapata.
Cans 2026 recibiu 235 obras inscritas, o segundo mellor rexistro da súa historia, e recupera a súa condición de festival puntuable para os Premios Goya.