A Axencia Galega das Industrias Culturais publicou a resolución da convocatoria de 2026 das subvencións destinadas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, cun importe total adxudicado de 3,5 millóns de euros.
Estas axudas permitirán impulsar 22 novos títulos que verán a luz nos próximos anos: 7 longametraxes cinematográficas, entre ficción e animación; 5 longametraxes documentais; 3 longametraxes en coprodución internacional con participación minoritaria galega; 6 curtametraxes e 1 serie de ficción para televisión e plataformas.
A resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, recolle a relación de proxectos beneficiarios, así como as solicitudes admitidas, desestimadas e aquelas que pasan a formar parte da lista de espera por esgotamento do crédito dispoñible.
Con esta nova concesión, refórzase o apoio ao talento, á produción independente e á consolidación do sector audiovisual galego.