A comunidade constitúe un gran estudo de gravación e un foco de posprodución, con localizacións extraordinarias, un tecido empresarial sólido e un elevado nivel de actividade creativa, reflectido nun fluxo constante de producións cinematográficas e televisivas que se renova ano tras ano.
Cando nos adentramos no terreo das emocións, as palabras escasean e resulta difícil describir a pegada que deixa en nós un paseo pola natureza. Entón xorde o poeta e di, con sinxela beleza: «Camiñante, non hai camiño: faise camiño ao andar.»
En Galicia, os camiños fanse poesía e, de verso en verso, constrúen relatos que deixan pegada. Historias nacidas da experiencia, da mirada e do territorio, que atopan aquí un lugar natural para desenvolverse e tomar forma.
Contemplando o mar, á beira dun río ou descubrindo fervenzas, Galicia seduce coa súa harmonía de verdes e azuis, convidando a descubrir entre bosques e montañas un patrimonio visible e outro máis discreto, agochado entre escenas, procesos e creacións.
Ás veces, mesmo un paseo pola cidade pode roubarnos o corazón e converterse en punto de partida para novas ideas, proxectos e narrativas.
Galicia, terra de meigas, fonte de lendas, recanto de creación.