Unha das principais vías de apoio público ao sector cultural galego materialízase a través do programa anual de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais, que ten como prioridade potenciar a creación, produción e distribución dos produtos culturais galegos e favorecer, en consecuencia, o desenvolvemento e consolidación dun tecido empresarial sólido en canto ás súas estruturas de traballo e punteiro en creatividade e innovación.
Publícase no DOG nº 57, do 26 de marzo de 2026, a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).
Publícase no DOG nº 62, do 6 de abril de 2026 a Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).
Publícase no DOG nº 18, do 28 de xaneiro de 2026, a Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2026.
Axudas de AGADIC para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.
Axudas da AGADIC para impulsar rodaxes de películas e series en Galicia.