Oficinas de rodaxe en Galicia

 

A Galicia Film Commission colabora de maneira estreita e permanente coas catro oficinas de rodaxe que operan no territorio galego, coordinando a súa actividade para ofrecer un servizo eficaz, áxil e eficiente ás filmacións audiovisuais. Esta colaboración permite facilitar o desenvolvemento das rodaxes que se levan a cabo na Comunidade Autónoma, optimizando recursos, axilizando trámites e garantindo unha atención integral ás necesidades das produtoras, tanto nacionais como internacionais.