Rías Baixas Film Commisssion

Rías Baixas Film Commission é un servizo público e gratuíto da Deputación de Pontevedra xestionado por Turismo Rías Baixas cuxo obxectivo principal é promover a provincia de Pontevedra como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, así como incrementar o posicionamento da súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.

Con este servizo preténdese asesorar e apoiar a todas as empresas e profesionais nacionais e internacionais do sector audiovisual que queiran rodar na provincia de Pontevedra. Desta maneira, promóvense e facilítanse as rodaxes neste destino e a internacionalización deste. A Rías Baixas Film Commission facilita a xestión de todos os trámites e necesidades de empresas e actividades relacionadas con películas de cinema, programas e series de televisión, documentais, anuncios publicitarios e reportaxes fotográficas que se queiran rodar nesta provincia.

Contacto

Palacete de las Mendoza, Plaza de Santa María s/n. 36071 - Pontevedra, España

Teléfono: +34 886 211 720

E-mail: filmcommission [at] depo.es (filmcommission[at]depo[dot]es)

Páxina web: riasbaixasfilm.depo.gal

Imaxe
RBFC