Financiamento

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, destina cada ano máis de 6,8 millóns de euros ao sector audiovisual.

Mediante convocatorias de subvencións públicas, o goberno rexional impulsa de xeito integral todas as fases dos proxectos audiovisuais de produción e/ou autoría galega mediante o apoio á creación, ao desenvolvemento e á produción e coprodución de contidos baixo parámetros culturais e de calidade, incidencia na industria e viabilidade en canto á realización e distribución posterior. 

O compromiso co audiovisual como eido estratéxico das industrias culturais e da promoción de Galicia e do seu talento no exterior tradúcese nun importante impulso a través de liñas de axudas, co obxectivo de acompañar aos proxectos dende a súa creación ata a exhibición, tanto en salas como en eventos de carácter local, nacional e internacional.

Moitas das medidas desenvólvense a través do Hub Audiovisual e da Industria Cultural Galega, que supón un instrumento fundamental tanto para a canalización dos fondos europeos como para servirlle de punto de apoio a empresas e profesionais. Este marco de acción ábrese tamén ao sector dos viodeoxogos, con axudas específicas.

Imaxe
Gravación de audio nunha rodaxe