Unha serie internacional que realizará parte da súa rodaxe en Galicia durante o mes de outubro de 2026 abre un proceso de selección de figuración infantil en Moraime (A Coruña).
Unha serie internacional que realizará parte da súa rodaxe en Galicia durante o mes de outubro de 2026 abre un proceso de selección de figuración infantil en Moraime (A Coruña).
Galicia acolle estes días parte da rodaxe de Despois da eclipse (Rumbo ás estrelas), documental dirixido por Alba Prol que segue a científica viguesa Begoña Vila durante a misión Nancy Grace Roman da NASA e o seu regreso a Galicia coincidindo coa eclipse total de Sol.
Vigo e Tomiño acollen a fase final da rodaxe de Pínkala, a nova longametraxe de Juanjo Giménez, producida pola galega Frida Films en coprodución con M-Films. A película, protagonizada por Pol López e María Leite, ten Vigo como escenario principal.
A praia de Castiñeiras, en Ribeira, acolleu o tramo final da rodaxe de O da miña nai, primeira longametraxe de Nerea Barros e unha proposta híbrida entre a ficción e o documental.
Nova convocatoria de axudas ao desenvolvemento de películas e series galegas, dotada con 1,2 millóns de euros e cunha nova modalidade para paquetes de tres ou catro proxectos. O prazo de solicitude estará aberto ata o 24 de agosto.
A produción pecha a triloxía baseada nas novelas de Mercedes Ron e rodarase ata mediados de agosto en diferentes localizacións galegas.
Agadic incrementa en 333.000 euros a convocatoria de axudas para rodaxes audiovisuais en Galicia, que alcanza unha dotación total de 2.533.000 euros.
A nova resolución da AGADIC impulsa 22 proxectos audiovisuais galegos e reforza o apoio á creación, á produción independente e á proxección do sector nos próximos anos.
A cidade da Coruña protagoniza unha nova entrega de “De tapas por España”, o programa de turismo gastronómico e divulgación cultural emitido en La 2 de TVE. O capítulo propón un percorrido pola historia, o patrimonio e a gastronomía coruñesa, con paradas en espazos emblemáticos e referentes da cociña local.
A Xunta apoia a 23ª edición do certame que chega esta noite ao seu fin na aldea porriñesa cun novo éxito de participación profesional e veciñal arredor do seu singular modelo de dinamización rural a través da cultura