A praia de Castiñeiras, no concello de Ribeira, foi o escenario escollido para completar a rodaxe de O da miña nai, a primeira longametraxe da actriz e directora Nerea Barros.
Producida por Zeitun Films e Coler Films, a película preséntase como un poema fílmico autobiográfico que combina elementos de ficción e documental. Nerea Barros asume a dirección, o guión e a produción executiva do proxecto xunto a Felipe Lage.
A interpretación está compartida coa actriz Carmen Nova e propón unha linguaxe híbrida coa que a cineasta explora a memoria, os vínculos familiares e a propia experiencia persoal.
A rodaxe en localizacións naturais como a praia de Castiñeiras pon tamén en valor a diversidade paisaxística de Galicia como escenario para producións audiovisuais.