Novas

Amosando 31 - 33 de 33
27 Nov 2023

‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta, centrará mañá a sesión de apertura deste programa, que tamén afondará no proceso creativo e de produción das longas ‘O corno’, ‘Salta!’, ‘Matria’ e ‘Cando toco un animal’
Esta 13ª entrega inclúe tamén xornadas sobre curtametraxes, o concurso A Canteira, a serie ‘Motel Walkirias’ e un obradoiro de guión con Sara Varela

26 Nov 2023

O Teatro Principal de Santiago acollerá o martes 28 unha mostra aberta da residencia que están a desenvolver o actor galego Avelino González e a irlandesa Caitriona Ní Dhomhnaill, en colaboración co director artístico do teatro nacional de Gales, Steffan Donelly
A compañía da Xunta traballa cos teatros nacionais en lingua irlandesa e galesa nun próximo espectáculo conxunto, en paralelo ao proxecto europeo Phōnē para poñer en valor as linguas minorizadas a través das artes escénicas