Novas

Amosando 11 - 20 de 33
07 Mai 2026

Sinalou que o certame, que se celebra do 19 ao 23 de maio na aldea porriñesa, inclúese nas axudas autonómicas a eventos audiovisuais de carácter profesional.
Destacou a solidez do sector audiovisual e o potencial de Galicia para atraer rodaxes.
A programación recoñece e reúne voces destacadas do audiovisual galego como Jaione Camborda, Víctor Coyote, Bea Lema, Guillermo de Oliveira, Virginia Curiá, Diana Toucedo, Fon Cortizo, Hugo Amoedo ou Andrea Zapata.
Cans 2026 recibiu 235 obras inscritas, o segundo mellor rexistro da súa historia, e recupera a súa condición de festival puntuable para os Premios Goya.

07 Abr 2026

A cita consolida os seus espazos para a creación na lingua propia, con propostas específicas, certames de creación e destinadas a canles, así como un novo impulso ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
Reunirá algunhas das voces galegas con maior proxección no actual ecosistema dixital e cultural, como Lorena Iglesias, Raquel Piñeiro, Salseología, Marina G. Canedo ou Prado Rúa.
Ofrecerá por primeira vez en Galicia iniciativas como ‘Rajando con… Bimboficadas’, con Samantha Hudson e María Barrier, ou o pódcast ‘Pop y Muerte’, de Kiko Amat e Benja Villegas.

04 Abr 2026

O Museo das peregrinacións e de Santiago acolle o 14 de abril esta cita, organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes.
Participarán como relatores Luis Costa, Valérie Delpierre e Álvaro Saracho para abordar os principais encontros que se desenvolven en Portugal, Francia, Bélxica e Os Estados Unidos de América.
A iniciativa, de carácter gratuíto con inscrición previa, enmárcase no programa Galicia ProFilme da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

01 Abr 2026

- Destaca o aumento significativo na dotación para o desenvolvemento de proxectos galegos que, cunha nova categoría, chega a 1,2 M€
- As partidas para a produción e coprodución, con 3,5 M€, e para a realización de rodaxes en Galicia, con 2,2 M€, seguen a ser as máis elevadas do programa
- O orzamento abrangue tamén axudas a cines, a promoción do talento, a celebración de festivais en territorio galego e a proxección exterior
- O responsable de Agadic resalta “un modelo propio de apoio a unha industria que é un dos grandes motores culturais e económicos da nosa terra”
- Apunta que estes apoios contribuíron durante os últimos anos en gran medida a éxitos como ‘Sirat’, a primeira película galega con nominacións nos Óscars

29 - 30 Mar 2026

O Diario Oficial de Galicia publica as bases destas subvencións para 2026, que consolidan a dotación incrementada o pasado ano para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos.
Contribuirase á asistencia a foros de negocio especializados, á participación en mostras, premios e festivais de cine e en cursos formativos que conten co apoio do programa MEDIA de Europa Creativa.

02 Feb 2026

Publícase en formato dixital e físico a edición de 2026, que recolle seis novos traballos dirixidos por Juan Lorenzo Loureiro, Zahira Teijelo, Iria Silvosa, David Fidalgo, Bea Lema e Ángel Suanzes, así como tres curtas en desenvolvemento

Como en anos anteriores, o mercado profesional do festival francés de Clermont-Ferrand, que arranca este luns 2, marca o inicio da difusión internacional desta escolma como reflexo da calidade da produción galega neste ámbito.

02 Feb 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe a esta nova produción de Vaca Films para Netflix cunha subvención de 300.000 euros para a súa gravación en numerosas localizacións galegas

A praza do Obradoiro e a contorna da catedral de Santiago está a acoller varias xornadas de rodaxe

Luis Tosar e Tristán Ulloa protagonizan esta miniserie de época baseada no caso real de Romasanta, o primeiro asasino en serie documentado en España.