Benvido ao portal da Galicia Film Commission

Rodaxe

DESTACADOS

Galicia acolle estes días parte da rodaxe de Despois da eclipse (Rumbo ás estrelas), documental dirixido por Alba Prol que segue a científica viguesa Begoña Vila durante a misión Nancy Grace Roman da NASA e o seu regreso a Galicia coincidindo coa eclipse total de Sol.
Vigo e Tomiño acollen a fase final da rodaxe de Pínkala, a nova longametraxe de Juanjo Giménez, producida pola galega Frida Films en coprodución con M-Films. A película, protagonizada por Pol López e María Leite, ten Vigo como escenario principal.
A praia de Castiñeiras, en Ribeira, acolleu o tramo final da rodaxe de O da miña nai, primeira longametraxe de Nerea Barros e unha proposta híbrida entre a ficción e o documental.
10