Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas.
1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia.
1929, o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia antes da “xeración Nós”. Castelao e Virxinia antes de ser “nós”