A pel que habito

Engadir á miña lista de favoritos
Cartel A pel que habito

Desde que a súa muller sufriu queimaduras en todo o corpo por mor dun accidente de coche, o doutor Robert Ledgard, eminente cirurxián plástico, dedicou anos de estudo e experimentación á elaboración dunha nova pel coa que puidese salvala; trátase dunha pel sensible ás caricias, pero que funciona como unha auténtica coraza contra toda clase de agresións, tanto externas como internas. 

Para poñer en práctica este achado revolucionario é preciso carecer de escrúpulos, e Ledgard non os ten. Pero, ademais, necesita unha cobaia humana e un cómplice. Marilia, a muller que o coidou desde neno, é dunha fidelidade perruna: nunca lle fallará. O problema será atopar a cobaia humana. 

2011
Categoría
Longametraxe
Xénero
Drama
Produtora
El Deseo
Director/a
Pedro Almodóvar

Localizacións

Santiago de Compostela

Pazo de Oca