O casco histórico presídao a catedral, co seu famoso Pórtico da Gloria. Ten prazas emblemáticas como a do Obradoiro, a Praza da Quintana e a do Toural. Conta con ducias de igrexas, conventos e pazos, de estilos románico, gótico, barroco. E tamén tendas, bares, restaurantes e un fermoso Mercado de Abastos repleto de produtos frescos. Ademais, no centro atópase a Alameda, coas súas árbores de camelias, e o Paseo da Ferradura, cunha estupenda vista da catedral. É a cidade máis cosmopolita de Galicia, pero asúmeo con naturalidade. Por iso desde o primeiro momento sentes que formas parte dela. Aquí tes todo.