O complexo litolóxico do cabo Ortegal configura un entorno espectacular coroado pola presenza do faro a 125 metros sobre o mar. Dende a base do faro apréciase a monumentalidade dos penedos do Limo, cara ao oeste, e dos illotes coñecidos como Os Aguillóns cara ao leste, que parecen alongar o cabo marcando a simbólica divisoria de augas entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Cra ao leste, ao lonxe, divísase a Estaca de Bares, punto máis setentrional da Península Ibérica: o norte do norte.