Catedral de Lugo

Engadir á miña lista de favoritos

O proxecto da actual catedral de Lugo remóntase ao ano 1129. Dende os seus comezos a catedral sufriu numerosas reformas e ampliacións ao longo da época medieval, da moderna e da neoclásica. Considérase que o seu proxecto rematou coa construción das torres da fachada occidental en 1880. O resultado é un conxunto arquitectónico harmonioso que reflicte diversos estilos e períodos, tanto na súa estrutura coma nos elementos decorativos internos. O edificio, situado ao carón da muralla romana, fusiona o estilo románico, o gótico, o renacentista, o barroco e o neoclásico. Interiormente destaca por ter unha planta alargada e estreita, algo único entre as catedrais hispánicas. Entre os seus espazos notables atópanse a capela barroca da Virxe dos Ollos Grandes, o altar maior (de estilo conceptualmente barroco, mais con fortes influencias clásicas nos seus elementos), o retablo renacentista e mais o coro.

Enderezos

Praza de Santa María, 1
27001 Lugo Lugo
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Si