O antigo cárcere do partido xudicial de Lugo foi inaugurado en 1887 e estivo en uso ata o seu peche definitivo en 1981. Hoxe en día é un espazo sociocultural con diferentes dependencias para todo tipo de eventos e nel prográmanse exposicións, concertos, obras de teatro, conferencia e congresos. É propiedade do concello de Lugo.