Situado no corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación foi inaugurado en 1984. É unha obra de recuperación do patrimonio histórico sobre o teatro García Barbón, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios a principios do século XX. O seuo seu estilo cualifícase dentro do eclecticismo academicista, con curvas e contracurvas características do arquitecto galego, inspirado na Ópera Garnier de París. Na disposición interior, Palacios salientou o acceso ao teatro cun amplo vestíbulo oval e unha escalinata principal, iluminada cenitalmente a través dunha vidreira realizada pola casa Maumejean.