O arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Trulock deseñou en 1945 este edificio, singular polo seu tamaño e pola súa localización na cidade e caracterizado pola súa imaxe clasicista. A aposta estética mantívose cando, máis de 50 anos despois, en 2002, comezaron as obras de remodelación, centradas en obter un aproveitamento máis racional dos espazos. Este teatro ten 845 butacas e é propiedade da Deputación da Coruña.