A Serra da Lastra é o leste natural de Galicia. Aquí a carrasca é unha árbore cunha historia propia. Fálannos do clima mediterráneo e dos solos calcarios que precisa para existir, por iso é escasa no resto do territorio galego. O percorrido polas estradas locais, que comunican as pequenas poboacións do interior ou limítrofes, é por si mesmo unha maneira de admirar a beleza do paisaxe. O parque conta con zonas de acceso restrinxido. Nel está a maior rede de cavidades subterráneas do territorio galego. Algunha teñen gran lonxitude, como a Cova da Zorra (600 metros), e son puntos importantes na espeleoloxía galega, como a Pala de Xilberte, a Pala do Pombo, a de Trasmonte ou a Pala de Tralapala. Con 3.151,67 hectáreas de superficie, a Enciña da Lastra é o máis novo dos seis parques naturais de Galicia.