O edificio coñecido como Casa Grande do Pozo está incluído no catálogo de protección do patrimonio construído de interese cultural do Concello de Santiago de Compostela. Pertenceu ao cabido entre os séculos XV e XIX. No ano 1895 o arquitecto Manuel Pereiro Caeiro realizou unha importante reforma no inmoble. Esta reforma foi deseñada como un contedor cultural con espazos diáfanos, nos que os elementos preexistentes con valor histórico e etnográfico pasan a ser os protagonistas e incorpóranse ás novas estruturas. Conta cunha sala de reunións-biblioteca e un auditorio.