O edificio que alberga a sede do padroado de Afundación é un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw. Representa unha obra vangardista que enriquece o patrimonio arquitectónico da cidade da Coruña. O seu deseño evoca a forma da crista dunha onda mariña que penetra nos Cantóns e culmina nunha fachada de cristal retroiluminada, reinterpretando as características galerías da Mariña. Concibido como centro sociocultural de referencia, os seus 7.692 metros cadrados albergan espazos para exposicións, espectáculos, simposios, conferencias e unha ampla gama de actividades e talleres. Ademais conta cunha cafetería propia e cun auditorio de 280 butacas.