O río Miño baixa encaixado nun profundo canón á altura de Belesar, cuxas paredes están cubertas por viñedos plantados en terrazas ou socalcos. Nas súas ladeiras tamén podemos apreciar mosteiros e igrexas románicas, así como miradoiros repartidos por diferentes puntos. Pero non todo o destacable das Ribeiras do Miño está sobre o nivel da auga, hai moitas aldeas que foron inundadas despois da construción dos embalses de Belesar e Os Peares. É un río navegable e atoparemos varios peiraos repartidos ao longo do seu percorrido, un dos máis importantes é o peirao de Belesar. O canón esténdese polos concellos de A Pobra do Brollón, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, O Saviñao, Patón, Ribas de Sil e Sober.