Sitúase no extremo sur da comarca do Salnés e é unha das praias máis famosas de Galicia. Ten unha ampla zona de dunas que separa o areal da estrada que bordea a costa. Nun dos seus extremos atópase unha pequena península rochosa, na que se erixe a ermida da Lanzada. Trátase dunha praia con forte ondada. Ten bo acceso e aparcadoiro repartido por varios puntos ao longo do areal. Pola súa extensión, pertence a dous concellos: O Grove e Sanxenxo. Está incluída no espazo natural protexido pola Rede Natura 2000.