As augas do Cantábrico esculpiron as rochas da praia das Catedrais con formas únicas, arcos dentro de outros arcos, columnas, bóvedas e corredores de area entre paredes de pizarra, o que fai desta praia un monumento natural único. Estas estruturas só son visibles cando a marea está baixa, é nese momento cando podemos gozar de uns 1.300 metros de areal. Trátase dun espazo protexido pola Rede Natura 2000.