O río Cerves nace na serra de Faro de Avión, a uns 1000 metros de altitude, e no seu descenso ata Melón forma rápidos, fervenzas e pozas. A maioría destas pozas atópanse a uns 500 metros de altitude e no verán convértense en piscinas naturais. A zona conta cun aparcadoiro moi preto da primeira, chamada "Poza da Estrela". Ao seu carón atoparemos unha escaleira que nos dará acceso ao resto das pozas ata chegar á última, denominada "Poza de Arriba".