Un edificio de construción modernista de grandes dimensións. Ten un tellado de lousa que combina grandes cúpulas con mansardas de estilo francés. Destacan as enormes fiestras e súa profusa decoración ornamental. Este pazo foi propiedade de Montero Ríos (1832-1914), presidente do Goberno, polo que se converteu nun importante foro de cuestións políticas. Na actualidade acolle o Centro de Investigacións Forestais da Xunta de Galicia, o que deu lugar a que a finca se convertese nun importante mostrario de especies forestais. Destaca o xardín botánico con especies de todo o mundo. O interior do pazo non se pode visitar.