Construído en 1922, hoxe en día é un dos hoteis con máis encanto na comarca de Ferrol. O edificio foi sometido a unha restauración moi coidadosa que respectou todos os elementos orixinais posíbeis: os azulexos, a escaleira de madeira ou a entrada do palacete. Conta con 14 habitacións, un xardín de case 15.000 metros cadrados e unha zona para celebrar todo tipo de eventos.