Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

Engadir á miña lista de favoritos

A pedra granítica e a paleta de verdes das 30.000 hectáreas que abrangue o Parque Natural Baixa Limia-Xurés destacan nunha paisaxe que combina serras escarpadas e suaves cunha altitude media por enriba dos 1.000 metros. É o de maior extensión dos seis parques naturais galegos, sendo recoñecido no ano 1993.
Xunto co veciño Parque Nacional Peneda-Gerês conforma o núcleo da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Este parque abrangue os concellos de: Entrimo, Lobios, Muíños, Lobeira, Bande e Calvos de Randín.

Enderezos

Entrimo
Lobios
Muiños
Lobeira
Bande
Calvos de Randín

Ourense
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Non