Museo Interactivo da Historia de Lugo

Engadir á miña lista de favoritos

O Museo Interactivo da Historia de Lugo é un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é na realidade un gran xardín con árbores de 11.300 metros cadrados, no que se atopan varios patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está composto por cilindros de máis de 8 metros de altura. En total son máis de catro mil metros cadrados distribuídos en distintas dependencias como a sala de exposición permanente, o salón de actos, a biblioteca, a cafetería ou a tenda. É propiedade do concello de Lugo e está xestionado polo Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Enderezos

Avenida da Infanta Elena, s/n
27003 Lugo Lugo
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Si