Esta muralla foi construída hai máis de 17 séculos. Data do século III e conforma un cinto de 2.200 metros perimetrais, con máis de 70 cubos e unha altura media de dez metros. Inicialmente só tiña 4 portas, pero foron engadidas máis, chegando ás dez actuais. Pódese camiñar pola parte superior da muralla e gozar dunhas vistas privilexiadas da cidade. No interior da muralla atópase o casco histórico de Lugo. Está declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.