Este edificio de dez mil metros cadrados, construíuse a finais dos anos 80 coa idea de albergar o xornal "Galicia, periódico do Instituto Galego de Información". Tamén contaba con salas de reunións, arquivo, biblioteca, talleres e un impresionante auditorio. Finalmente, acabou converténdose na factoría cultural do Grupo Sargadelos. Pechou as súas portas en 2011, pero consérvase practicamente intacto ata o día de hoxe.