A Fraga de Catasós, nos arredores da vila de Lalín, a medio camiño entre Santiago e Ourense, agocha carballos e castiñeiros centenarios. Protexidos baixo a figura de Monumento Natural, medran agora con orgullo cara ao ceo e son considerados dos exemplares máis altos de Europa.