O percorrido ata a fervenza ten apenas 1 km e transcorre nun entorno de bosque autóctono de ribeira, con carballos, bidueiros e amieiros, que non anticipa a grata sorpresa que recibiremos ao chegar á espectacular seimeira, nome co que se coñecen as cataratas nesta zona. Ao final do sendeiro poderemos contemplar como se precipita ao río da Porteliña en todo o seu esplendor e forma esta catarata de 54 metros de altura, unha das máis altas de Galicia en caída libre.