Cemiterio de San Francisco. Ourense

Engadir á miña lista de favoritos

Romántico camposanto na parte alta da cidade, na ladeira do Montealegre, vinculado ao antigo convento de San Francisco. En 1834 inaugúrase e en 1887 constrúese nun pequeno anexo o cemiterio laico. O seu interese radica na beleza e monumentalidade das súas sepulturas, obra de artistas como Piñeiro, Victor Macho, Faílde ou os que saíron da emblemática metalúrxica Malingre. Pero tamén nos seus moradores, pois aquí descansan grandes nomes da literatura, das artes e do pensamento. No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Enderezos

Rua da Graña
32005 Ourense Ourense
España

Contacto

Ourense Film Commission

Espazo privado
Si