Catedral de Santa María de Tui

Engadir á miña lista de favoritos

O comezo da construción data de finais do século XI. A planta románica e os capiteis van influír en toda a rexión do bispado do Tui medieval, entre o río Lima e a ría de Vigo. O claustro gótico, da segunda metade do século XIII, é o maior claustro medieval conservado en Galicia. Dentro do propio claustro consérvase a única sala capitular románica existente en Galicia e unha das maiores do seu xénero en España. Parte da súa ourivaría foi realizada por prateiros xudeus e conversos nos séculos XV e XVI (cálice gótico, ciborio de coco, cetros das dignidades, ánfora, etc.).

Enderezos

Praza de San Fernando, s/n
36700 Tui Pontevedra
España

Contacto

Pontevedra Provincia Film Commission

Espazo privado
Si