Catedral de Mondoñedo

Engadir á miña lista de favoritos

A Catedral Basílica da Asunción, declarada Monumento Nacional en 1902, comezou a súa construción en 1219. O cruceiro e a sancristía realizáronse posteriormente seguindo o estilo gótico. Entre os séculos XVI e XVII abriuse a xirola para obter maior amplitude e alongáronse as naves laterais. No século XVIII realizouse unha importante modificación na fachada, coa construción de dúas torres de tres corpos rematadas con cúpulas e engadiuse un tramo máis a cada lado do cruceiro, resultando así un templo cunha amálgama de varios estilos arquitectónicos. De planta rectangular, consta de tres naves, cruceiro, capela maior, xirola rectangular e claustro. Está fabricada con perpiaño e cuberta con lousa.

Enderezos

Praza da Catedral
27740 Mondoñedo Lugo
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Si