Castelo dos Andrade

Engadir á miña lista de favoritos

Elévase sobre a Pena Leboreira, na parroquia de Nogueirosa, dominando toda a desembocadura do río Eume e o nacemento da ría de Ares. É un dos mellores exemplos que hai en Galicia de castelo roqueiro. As irregularidades no trazado da planta débense á necesidade de adaptación sobre a rocha na que foi construído. Actualmente está en ruínas, pero a torre da homenaxe, de 20 metros, mantense bastante ben aínda que non é accesible.

Enderezos

Pena Leboreira, O Castelo
15609 Pontedeume A Coruña
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Si