Esta casa de uso turístico ofrece un estilo construtivo moi diferente á casa rural galega e, con todo, perfectamente integrado no seu contorno. Un dos seus elementos distintivos é a luminosidade, así como a madeira de piñeiro, que achega un ambiente cálido e sentimento de fogar. Aberta ao xardín e á ría, nela tense a dobre sensación de estar resgardado no interior e, á vez, en plena natureza.