Finca con pazo, dunha superficie de 12 Has (120.000 metros cadrados), rodeada por un río e murallas, en zona rural, val aberto rodeado de montes suaves arboredos.
Está parcialmente dedicada a pastos, con animais, numerosas fontes e diversas edificacións (lavadoiro antigo) e outras, e outra parte dedicada a árbores e bosques.
A casa ten partes de distintas épocas; a principal consta dunha inscrición en pedra na que se pode ler que se reedificó por un capitán militar no ano 1710, e ten outra inscrición no outro lado onde consta que se terminou a obra no 1714. Esta zona é de influencia claramente militar, con edificación moi simétrica, e burguesa, con teitos altos e varias salas e cuartos (7); alén dunhas impresionantes escaleiras en pedra, en cada lado da casa, ten un gran balcón que dá á pradería; distribúese na zona alta cos cuartos e salas, e a zona baixa dedicada a cortellos e almacén.
As paredes interiores están decoradas con pinturas de época: portas e armarios en madeira maciza.
Existe outra zona máis antiga, onde se pode ver unha lareira, forno de pedra e outras construcións antigas, como por exemplo unha alcoba.
En total, a casa ocupa uns 500 metros cadrados construídos, en planta.
Rodeando á casa existen outras edificacións; a máis peculiar é unha capela, sen retablos, pero con altar e campanario completo, e certas pinturas que aínda se conservan, en non moi bo estado.
Tamén existe un hórreo en pedra antigo e moi ben conservado.
Conta tamén cunha palleira máis moderna, pero en pedra e lousa, e cunha era de pedra onde se realizaban traballos de campo.
A propiedade tamén conta con zonas de bosque, todo accesible por camiños.
Unha das zonas máis bonitas e espectaculares é a que bordea un río con mediano caudal, do que se extrae auga para regar case toda a propiedade a través dunha canle, e cuxo paseo está rodeado de zonas moi bonitas paisajísticamente falando, con saltos de auga, remansos e zonas máis abruptas e salvaxes.
A maiores disto, existe outra casa próxima, que tamén me pertence, xa máis moderna, mesturando estilos modernos con máis antigos, que tamén se pode ver e usar.