A tan só 24 km da Coruña atópase esta localidade bañada polo río Mandeo e o seu afluente, o río Mendo. Foi unha das 7 capitais do Antigo Reino de Galicia e está declarada conxunto histórico-artístico. Nela podemos atopar o centro histórico coas súas rúas e prazas empedradas, así como diversas igrexas. Á beira da ponte vella, no paseo da Tolerancia, atoparemos embarcacións que navegan cando o caudal do río Mandeo o permite.