O casco vello de Baiona foi declarado conxunto de interese histórico artístico pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en 1993, coincidindo coa celebración do V Centenario da Arribada. Baiona foi e segue sendo unha vila importante polo seu porto, onde chegou a carabela Pinta despois do descubrimento de América. As rúas empedradas mostran numerosas casas señoriais, templos e igrexas. Esta vila mariñeira está chea de historia.