Acantilados de Loiba

Engadir á miña lista de favoritos

Cantís de caída acentuada e perfil afiado, cunha altura que varía entre os 80 e os 160 metros. Neles atópase "o mellor banco" do mundo. Os Picóns de Loiba son un conxunto de inmensos penedos curiosos formados por filitas e xistos, que se modelan pola erosión do mar e do vento, creando grutas e covas de singular sonoridade. Desde alí podemos observar a area de Loiba, a rocha esculpida polo mar chamada Pena Furada e ao lonxe cabo Ortegal.

Enderezos

Loiba
15339 Ortigueira A Coruña
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Si