Sobre Galicia

Galicia, situada no noroeste da península ibérica, é unha comunidade autónoma de España que limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste con Asturias e Castela e León, e ao sur con Portugal. A súa capital administrativa é Santiago de Compostela, coñecida mundialmente como o destino do Camiño de Santiago, un dos roteiros de peregrinación máis importantes de Europa. 

A xeografía galega é diversa e espectacular. Combina montañas e vales no seu interior con costas recortadas e praias de area branca que ofrecen paisaxes asombrosas. As Rías Altas e Rías Baixas son exemplos notables da súa beleza litoral, mentres que no interior atópanse frondosos bosques, ríos como o Miño e o Sil, e paraxes únicas como a Ribeira Sacra, famosa polos seus viñedos  e os seus canóns. 

Galicia tamén conta cunha rica biodiversidade e climas variables, desde un ambiente húmido e tépedo nas zonas costeiras ata temperaturas máis frescas nas áreas montañosas. As súas paisaxes naturais ofrecen unha ampla variedade de escenarios e a combinación de luz natural cun clima que combina luminosidade e nebras misteriosas crea unha atmosfera única, perfecta para producións de carácter épico, fantástico ou mesmo contemporáneo. A infraestrutura local, xunto cunha tradición cultural rica e acolledora, facilita a loxística das filmacións, atraendo tanto a producións nacionais como internacionais.

Imaxe
Galicia