EN TREN
RENFE, empresa de servizos de transportes ferroviarios de viaxeiros e mercadorías, conecta a Galicia co resto das cidades españolas e europeas. Tamén permite desprazarse comodamente por Galicia mediante as liñas que comunican as distintas cidades.
POR ESTRADA
A fronteira terrestre de España está integrada no Espazo Schengen, o que facilita o paso sen controis de pasaporte. Galicia está ben conectada por autoestradas (como a A-6, A-52, e a AP-9 dentro de Galicia).