OUFF - Ourense Film Festival

Imaxe
Engadir á miña lista de favoritos

O OUFF é o festival internacional competitivo máis antigo de Galicia e unha cita de referencia para o cinema independente. A súa programación inclúe proxeccións, premios, encontros profesionais, mesas redondas, masterclasses e actividades culturais.

 

O Festival de Cine de Ourense é a cita competitiva internacional máis antiga que se celebra en Galicia. A primeira edición tivo lugar en 1996 e nace como Festival de Cine Independente de Ourense e co obxectivo de marcar e ofrecer novas perspectivas para a promoción do cinema galego.


Neste certame, o xénero independente é o protagonista, un tipo de produción cinematográfica que cada vez conta con máis seguidores e que espertou un grande interese entre o público e os profesionais do cine. Trátase de producións cinematográficas de baixo orzamento, nas que a imaxinación e a orixinalidade son máis importantes que o custo económico.


Tamén concede outros nove premios honoríficos e acolle mesas redondas, presentacións de libros, masterclass, exposicións e encontros profesionais.

Lugar de celebración
Ourense
Correo electrónico
ouff [at] depourense.es