Rapa

Engadir á miña lista de favoritos
Cartel promocional da serie RAPA

Cando o profesor de instituto Tomás atopa á alcaldesa da súa vila natal ensanguentada e agonizante no alto dos cantís da zona, non só queda obsesionado co caso, senón que tamén se converte no seu primeiro sospeitoso. Aínda que resolver o crime é tarefa da policía local, Maite, a Tomás dálle igual que a súa investigación privada se interpoña no seu traballo. Resolver o caso podería darlle á súa vida o propósito co que leva tanto tempo soñando en silencio.

A pesar de chocar en máis dunha ocasión, ambos acércanse o máximo posible a descubrir á asasina: Norma, a propia fisioterapeuta de Tomás. Ela matou á alcaldesa nun ataque de ira ao descubrir un dos seus moitos segredos escuros, un feito ocorrido hai anos pero que marcou profundamente a súa vida e a da súa familia. Porén, un xiro do destino fai que Norma non sexa descuberta; o medo e a impotencia que a dominaban transfórmanse en forza e seguridade.

Entón, un segundo asasinato vén remover as augas. Convertidos agora nun equipo improbable, Maite e Tomás retoman a caza dun asasino que está moito máis preto do que imaxinan.

2022
Categoría
Serie
Xénero
Ficción
Produtora
Portocabo
Director/a
Jorge Coira (Creador), Fran Araújo (Creador), Jorge Coira, Elena Trapé

Vídeos

Localizacións

Ferrol

Garita Vixía Herbeira