Nacho é fotógrafo. Pilar xornalista. Ódianse. Con todo, terán que facerse pasar por unha parella para realizar unha reportaxe sobre olmo, un gurú que resolve as crises de parella facendo o camiño de Santiago. Durante seis días de viaxe a través de Galicia, veranse envolvidos en todo tipo de situacións absurdas, delirantes e románticas... E é que xa se sabe que ata o final do camiño...