Eroski Paraíso

Engadir á miña lista de favoritos
Eroski Paraíso

Eva e Antonio coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva queda embarazada. Pasados uns meses casan e teñen unha nena: Alejandra. Hoxe Alejandra prefire que a chamen Álex e soña con converterse en cineasta. Tras acabar os seus estudos en Barcelona volve a casa para rodar un documental sobre a vida dos seus pais. Pero Eva e Antonio agora están divorciados, levan anos sen verse e a antiga discoteca onde se coñeceron converteuse nun supermercado Eroski.

2019
Categoría
Longametraxe
Xénero
Comedia
Produtora
OIloVivo Producións, Chévere Visión
Director/a
Jorge Coira, Xesús Ron

Vídeos